Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Da ESO a Primaria: convivindo con Usha


Usha é o título dun libro da autora galega María Reimóndez. Conta as vivencias dunha nena galega na India, a onde viaxa acompañando a súa nai, que traballa nunha ONG.

Esta foi a historia elixida para iniciar o Apadriñamento Lector. Dende o mes de novembro, na hora de ler dos mércores e dos venres, estiven léndolles este libro en voz alta aos alumnos/as de 6º, como parte do proceso de preparación da experiencia do Apadriñamento Lector, na que eles converteranse en padriños e madriñas lectoras dos nenos e nenas de 1º. No blog de Aprendizaxe en Grupos Cooperativos atoparedes máis información.

Pero ademais da lectura, tivemos a sorte de contar cuns "padriños" e "madriñas" de excepción. Once alumnos/as de 2º de ESO do Instituto de Rodeira (algúns deles ex-alumnos/as do cole) prepararon, de xeito voluntario, unha exposición sobre o traballo que fixeron a partires de USHA o pasado curso, e viñeron ao cole a compartila connosco. Explicáronnos toda a información que podemos atopar nun libro antes de abrilo, amosáronnos os coñecementos que adquiriron sobre a cultura e os costumes da India e o significado de palabras coma bindi, sari, árbore neem... que xa nos chamaran a atención durante a lectura, e trouxeron tamén fotos e imaxes da fantástica exposición que fixeron no Instituto. Foi moi interesante como podedes ver:



E como remate da súa visita, apadriñaron e amadriñaron simbólicamente aos alumnos e alumnas de 6º, xa que leron en voz alta tres capítulos máis do libro, primeiro en pequenos grupos e despois para toda a clase. Foi unha bonita experiencia:




Nico e Uxía o describen así:

O venres 26 de novembro viñeron uns nenos e nenas do instituto a falarnos dun libro, chamado Usha, que lles gustou moito e que tamén o estamos lendo nós para unha actividade de Apadriñamento Lector cos de 1º.
Aparte de ensinarnos o que significan algunhas palabras do libro, vimos fotos de como poñían o sari, que é unha roupa tradicional da India e léronnos unhs capítulos do libro, que tamén nos encantou.
Ao rematar regaláronnos uns marcapáxinas e unhas pegatinas para poñer nos libros.

Tanto eu, dende Auladiver, como o alumnado de 6º queremos agradecer a estes alumnos e alumnas de 2º da ESO, a súa colaboración, o seu esforzo e o seu interese por facer unha exposición clara e amena, e tamén ás súas profes Isabel e Pilar que os axudaron e acompañaron. E lembrámoslles que están invitados a volver para amosarnos o seu traballo cando queiran.

Moitas grazas!!!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

A Gimcana da cor

Continuamos traballando os Dereitos Humanos. A actividade baséase na Gran Proba das Cores dos Materiais para a Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, e pretende que tomen conciencia da diferenza de oportunidades que existe entre as persoas.

Os grupos xa os tiñamos feitos dende a sesión anterior: amarelo, blanco e verde, con 7 ou 8 alumnos/as por equipo. Propoñemos tres probas a cada grupo: unha moi sinxela, outra que se consegue tras moito esforzo e outra imposible de acadar. Cada grupo debe experimentar ao longo do xogo as tres situacións, por iso as probas se distribúen tendo en conta esta premisa.

O máis interesante, coma sempre, foi a posta en común final, onde todos/as expresaron os seus sentimentos e as súas dificultades en cada unha das probas, verbalizando a inxustiza á que se ven sometidas moitas persoas en todo o mundo. De aí chegamos a necesidade de seguir celebrando o Día dos Dereitos Humanos, porque desgraciadamente, todavía non se cumplen en todos os países.

As probas, impresas en papel da cor correspondente a cada grupo, foron:




Miguel e Saúl o contan así:

O venres 19 de novembro fixemos uns xogos para saber que hai xente que o ten máis fácil e para ver como se sinte.
A primeira proba consistía en buscar no dicionario unhas palabras, un dos equipos so tiña duas fileiras de catro palabras, outro equipo tiña catro fileiras, e o terceiro dúas fileiras de palabras que non existían.
A segunda proba consistía nunha adiviña, unha era moi sinxela, outra difícil e a última imposible.

A terceira proba consistía en facer co corpo unha representación do que che poñía nunha tarxeta e, igual que antes, había unha fácil, outra difícil e outra imposible.
Así démonos conta do mal que te sintes cando non tes as mesmas oportunidades que os outros ou cando o tes máis fácil.


Nos vídeos podedes ver a terceira proba dos tres grupos:

"Alguén perde o autobús e vai correndo detrás"



"Manifestación silenciosa na superficie de Xúpiter"



"O interior dun caixón de calcetíns dobrados"



Fixérono de medo, ¿verdade?

lunes, 6 de diciembre de 2010

Receita Terrorífica

No cole estamos preparando un calendario relacionado co tema núcleo: A alimentación.

Como en Auladiver tiñamos que facer o mes de outubro, aproveitamos para preparar unha receita de Samaín e Haloween con alimentos sans e variados: froitas, verduras, lácteos, pan, froitos secos... e un pouquiño de doce.

Queredes ver como nos saiu? Pois aí vai. Bo proveito!!!





jueves, 2 de diciembre de 2010

A cor do silencio

Iniciamos un novo bloque de actividades relacionadas cos Dereitos Humanos e os Dereitos dos/as Nenos/as coincidindo coa celebración do Día Internacional da Infancia, o pasado 20 de Novembro, Agora tratamos de centrarnos máis na identidade e no compromiso social, polo que a maior parte das propostas serán para traballar en grupo.

A primeira, "
A cor do silencio", ten como obxectivo formar os grupos de traballo. Está adaptada dos Materiais para a Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional.

Mentres todos/as os/as alumnos/as están cos ollos pechados, a profe pégalles unha pegatina de cor no lombo, tantas cores como grupos queremos formar. Incluímos ademais unha soa pegatina dunha cor diferente. A decisión sobre quen leva cada cor dependerá do criterio elixido para a formación dos grupos (aleatoria, por xénero, por personalidade, por rendemento...). Neste caso, como son 22 na clase, fixemos tres grupos de sete persoas e un alumno doutra cor que houbo que decidir en que grupo ía traballar.

Unha vez que abren os ollos, teñen que agruparse coas persoas da súa cor pero
¡¡¡sen falar!!!, así que teñen que buscar outro tipo de estratexias. Cando conseguiron xuntarse por cores, tocou decidir a qué grupo ía o alumno que era doutra cor. Houbo distintas propostas: "que vaia para onde hai menos"..., pero todos tiñan o mesmo número; "que vaia para donde hai máis nenas"..., pero todos estaban equilibrados por xénero; "que vaia cos que son dunha cor parecida...", e iso por que? so podemos estar e traballar cos que son ou pensan coma nos?...; ata que alguén propuxo: "que vaia no grupo que el queira"... iso supón que todos estades dispostos a acollelo, ¿non?. Como a resposta de todos os grupos foi afirmativa, iso foi o que fixemos.

Para finalizar fixemos unha posta en común sobre todo o proceso, as dificultades atopadas para comunicarse sen palabras, como se sentiu a persoa que non atopaba o seu grupo, como solucionamos a situación do alumno que estaba so...

Así o relatan
Alba e Karima:

Rosana tróuxonos un xogo chamado "A cor do silencio". Púxonos catro cores distintas. Había blanco, verde, amarelo e so un negro. El sentíase discriminado e tiñamos que resolver onde quería ir. Deixámoslle escoller, el elixiu o verde, estaba mellor no grupo e acollérono moi ben. ¡Xa non se sentía discriminado! Ao final fixemos xogos todos xuntos e pasámolo moi ben.


domingo, 28 de noviembre de 2010

Caligrama

Os/as alumnos/as de 5º están super emocionados coa poesía. A semana pasada estiveron traballando os caligramas, e moi pronto poderedes ver os resultados no seu blog Rizando o rizo.

En Auladiver, Iván, despois de traballalo co profe de AL
, estivo rematando o seu. Así foi como quedou:


Iván cóntanos todo o proceso:

1- Ana dibujó un caligrama en la pizarra y nos explicó cómo eran.

2- Pensamos cómo hacer el caligrama.

3- Hice un dibujo de una casa.

4- Con José hice las letras en sucio.

5- Con Rosana escribí la letra en la libreta. Repasé con pilot negro, esperé a que secara y borré los restos de lápiz.

6- Lo escribí en el blog Auladiver .

7- Lo leí en mi clase y todos me felicitaron.


Aí van unhas fotos:


sábado, 20 de noviembre de 2010

Día Universal da Infancia

Hoxe celebramos o Día Universal dos Nenos e das Nenas. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou en 1954 que todos os países instituíran unha data que se destinaría a actividades propias para promover o benestar, a fraternidade e a comprensión entre todos os nenos e nenas do mundo. A elección do 20 de Novembro coincide coa data na que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959, e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.





Os debuxos animados en pro dos dereitos dos nenos
foi unha iniciativa de UNICEF para informar e concienciar sobre estes dereitos.



miércoles, 17 de noviembre de 2010

Ramón o Dragón

Visitamos auLA de A.L., o blog da profe Luz, e alí vimos un vídeo que nos gustou moito: a canción de "Ramón el Dragón".



Serviunos para traballar a pronuncia da "r", a memoria e o ritmo, e pasámolo moi ben cantándoa na clase. Por iso decidimos facer este conto.

Luana cóntanos todo o proceso:

1º Escuché la canción de Ramón el dragón en el ordenador.
2º Escribí la letra de la canción.

3º Hice la portada escribiendo el título con rotulador y recorté un dibujo de Ramón para pegarlo.
4º Busqué un dibujo para cada estrofa.
5º Recorté todos los dibujos con las tijeras mágicas.

6º Lo pegué todo en hojas amarillas y las grapé.

Aí vai o conto. Esperamos que vos guste!!!





martes, 16 de noviembre de 2010

Autorretrato

Continuamos traballando a Identidade Persoal a través do Autorretrato.



Utilizamos en primeiro lugar as máquinas do autorretrato do caixón de Identidade de Kitscaixa Valores de La Caixa. En parellas fomos valorando as distintas calidades e despois comentamos os resultados co/a compañeiro/a para saber que cambios faría, así pudemos apreciar as diferencias entre como nos vemos nós e como nos ven os demais (xeralmente mellor).


Nunha segunda actividade, reproducimos a imaxe da máquina sobre papel e aí redactamos o noso autorretrato actual, pasado e desexado.

Para finalizar, tentamos imaxinar o futuro creando un texto que comezaba: "
Son (nome), hoxe é 29 de outubro de 2025 e estou..."

Antía e Vanessa o resumen así:

"Cando empezamos a facer o autorretrato déronnos unhas tarxetas con calidades e tiñamos que poñer as que creiamos que tiñamos e logo lémolo diante da clase. Tamén fixemos outra actividade na que tiñamos que poñer o que seremos en 2025, como seremos, con quen viviremos... Foi moi divertido porque cando a profe Rosana o leu diante da clase, tiñamos que adiviñar de quen era o texto segun as calidades que puxera..."

jueves, 11 de noviembre de 2010

Chegou o Magosto!!!

En Auladiver preparamos unha gran castaña cos brazos abertos para darvos unha aperta a todos/as os/as que compartades con nós este Magosto.

Hoxe está todo mollado e non podemos asar as castañas, ¡que mágoa! A ver se o luns o podemos celebrar!



domingo, 7 de noviembre de 2010

Identidade persoal e social

Iniciamos un bloque de actividades que teñen como eixo a reflexión sobre a Identidade Persoal, aínda que integrándoa coa identidade social e co compromiso social.

O primeiro paso foi a elección dos representantes da clase. Para activar os coñecementos previos, estivemos debatendo sobre as calidades persoais que debería ter un bo representante e valorando as nosas para ver se coincidían coas seleccionadas. Logo tentamos reproducir na aula o proceso electoral propio dos sistemas democráticos. Houbo presentación de candidaturas, mini-campaña electoral, constitución da mesa cos correspondentes Presidente, Secretaria e Voceiro, urna, papeletas para o voto, reconto de votos e elaboración da acta cos resultados.

Así o viviron Laura e Mateo:

Primeiro Rosana díxonos as calidades que podemos ter e despois, cada un fixo a súa mini campaña cun discurso. Aí vai un exemplo:

"Hola, creo que debería ser o representante porque reúno algunhas das condicións que dixemos, porque gustaríame moito representarvos e porque ata agora sempre foron nenas, dende fai 3 anos" (Mateo)

Despois todos votamos poñendo os dous nomes das persoas que nos parecían máis adecuadas para ser representantes e o metiamos nunha urna, logo dous persoas da clase, a maior e o pequeno, ían sacando as papeletas e así votamos aos representantes.

Por certo, os elixidos foron: Miguel e Tamara. Noraboa!




miércoles, 20 de octubre de 2010

O cazo de Lorenzo

Isabelle Carrier é a autora de esta sinxela e maravillosa historia que nos axuda a reflexionar sobre as barreiras físicas e mentais que atopan as persoas con algunha discapacidade no seu día a día.



Premendo na imaxe da portada do conto accederedes á Editorial Xuventude e atoparedes máis información.


domingo, 17 de octubre de 2010

Educación para a Cidadanía

Neste curso colaboramos co titor de 6º na proposta de actividades para a asignatura de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

Na primeira clase tivemos a oportunidade de coñecer os contidos que contempla o currículo de Educación Primaria nesta materia, que están divididos en tres bloques:
  1. Identidade Persoal
  2. Identidade Social
  3. Compromiso Social

A continuación incluímos a presentación de diapositivas que serviu de fío conductor para o debate:


lunes, 4 de octubre de 2010