Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

jueves, 2 de diciembre de 2010

A cor do silencio

Iniciamos un novo bloque de actividades relacionadas cos Dereitos Humanos e os Dereitos dos/as Nenos/as coincidindo coa celebración do Día Internacional da Infancia, o pasado 20 de Novembro, Agora tratamos de centrarnos máis na identidade e no compromiso social, polo que a maior parte das propostas serán para traballar en grupo.

A primeira, "
A cor do silencio", ten como obxectivo formar os grupos de traballo. Está adaptada dos Materiais para a Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional.

Mentres todos/as os/as alumnos/as están cos ollos pechados, a profe pégalles unha pegatina de cor no lombo, tantas cores como grupos queremos formar. Incluímos ademais unha soa pegatina dunha cor diferente. A decisión sobre quen leva cada cor dependerá do criterio elixido para a formación dos grupos (aleatoria, por xénero, por personalidade, por rendemento...). Neste caso, como son 22 na clase, fixemos tres grupos de sete persoas e un alumno doutra cor que houbo que decidir en que grupo ía traballar.

Unha vez que abren os ollos, teñen que agruparse coas persoas da súa cor pero
¡¡¡sen falar!!!, así que teñen que buscar outro tipo de estratexias. Cando conseguiron xuntarse por cores, tocou decidir a qué grupo ía o alumno que era doutra cor. Houbo distintas propostas: "que vaia para onde hai menos"..., pero todos tiñan o mesmo número; "que vaia para donde hai máis nenas"..., pero todos estaban equilibrados por xénero; "que vaia cos que son dunha cor parecida...", e iso por que? so podemos estar e traballar cos que son ou pensan coma nos?...; ata que alguén propuxo: "que vaia no grupo que el queira"... iso supón que todos estades dispostos a acollelo, ¿non?. Como a resposta de todos os grupos foi afirmativa, iso foi o que fixemos.

Para finalizar fixemos unha posta en común sobre todo o proceso, as dificultades atopadas para comunicarse sen palabras, como se sentiu a persoa que non atopaba o seu grupo, como solucionamos a situación do alumno que estaba so...

Así o relatan
Alba e Karima:

Rosana tróuxonos un xogo chamado "A cor do silencio". Púxonos catro cores distintas. Había blanco, verde, amarelo e so un negro. El sentíase discriminado e tiñamos que resolver onde quería ir. Deixámoslle escoller, el elixiu o verde, estaba mellor no grupo e acollérono moi ben. ¡Xa non se sentía discriminado! Ao final fixemos xogos todos xuntos e pasámolo moi ben.


1 comentario: