Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

domingo, 7 de noviembre de 2010

Identidade persoal e social

Iniciamos un bloque de actividades que teñen como eixo a reflexión sobre a Identidade Persoal, aínda que integrándoa coa identidade social e co compromiso social.

O primeiro paso foi a elección dos representantes da clase. Para activar os coñecementos previos, estivemos debatendo sobre as calidades persoais que debería ter un bo representante e valorando as nosas para ver se coincidían coas seleccionadas. Logo tentamos reproducir na aula o proceso electoral propio dos sistemas democráticos. Houbo presentación de candidaturas, mini-campaña electoral, constitución da mesa cos correspondentes Presidente, Secretaria e Voceiro, urna, papeletas para o voto, reconto de votos e elaboración da acta cos resultados.

Así o viviron Laura e Mateo:

Primeiro Rosana díxonos as calidades que podemos ter e despois, cada un fixo a súa mini campaña cun discurso. Aí vai un exemplo:

"Hola, creo que debería ser o representante porque reúno algunhas das condicións que dixemos, porque gustaríame moito representarvos e porque ata agora sempre foron nenas, dende fai 3 anos" (Mateo)

Despois todos votamos poñendo os dous nomes das persoas que nos parecían máis adecuadas para ser representantes e o metiamos nunha urna, logo dous persoas da clase, a maior e o pequeno, ían sacando as papeletas e así votamos aos representantes.

Por certo, os elixidos foron: Miguel e Tamara. Noraboa!




1 comentario:

  1. Gústame iso de facer campaña para que te voten. Obriga a reflexionar sobre as cualidades que temos cada un, ás veces esquecemos que temos moitas cousas boas.
    Bonito traballo

    ResponderEliminar