Iniciamos un ano máis o Apadriñamento Lector, unha actividade cooperativa na que o alumnado dos cursos superiores exercen como padriños e madriñas lectores dos/as alumnos/as máis pequenos, coa intención de mellorar a competencia lectora e de favorecer a interrelación entre os distintos cursos.
Como o curso anterior, participa todo o alumnado de primaria: Os de 1º cos de 4º, os de 2º cos de 5º, e os de 3º cos de 6º. A pasada semana fixemos a presentación das parellas.
Ahí van unhas fotos para que vexades como foi
Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
martes, 28 de enero de 2014
martes, 22 de enero de 2013
Apadriñamento Lector
Un curso máis poñemos en marcha esta actividade de aprendizaxe cooperativa, na que un alumno ou alumna dos cursos superiores fai de padriño ou madriña de lectura de un alumno ou alumna dos cursos inferiores.
O obxectivo é, por unha parte, mellorar a competencia lectora tanto dos alumnos titores como dos titorandos e, por outra parte, favorecer a interacción social entre alumnado de distintos cursos.
Esta vez, tendo en conta as suxestións dos/as alumnos/as de 1º e 6º que participaron o ano pasado, pensamos que era boa idea amplialo a todos os cursos de Primaria. Así, os de 4º serán padriños e madriñas dos nenos e nenas de 1º, os de 5º estarán cos de 2º, e os de 6º cos de 3º.
Nestes días fixemos xa as presentacións das parellas tal e como ilustran as seguintes imaxes.
1º e 4º
2º e 5º
3º e 6º
Esta semana comezarán xa a ler. Para eso utilizaremos unha sesión semanal da hora de ler: os martes 3º e 6º, os xoves 2º e 5º, e os venres 1º e 4º.
Seguiremos informando...
miércoles, 2 de marzo de 2011
De Infantil á ESO
Dentro das actividades de convivencia intercentros que vimos realizando neste curso, tivemos a oportunidade de visitar o IES de Rodeira.
Nesta ocasión, foron os/as alumnos/as de Infantil de 5 anos os que puideron compartir co alumnado de 1º da ESO (que está a facer un traballo sobre os monumentos de Cangas) o proxecto que desenvolveron durante o primeiro trimestre sobre a escultura de Manuel Coia "O Galeón", tamén coñecido como "A Serea".Os pequenos fixeron unha exposición acompañada de fotografías e dos traballos que elaboraron en diversos soportes durante a investigación e as tarefas que levaron a cabo. Nun segundo momento, os maiores plantearon cuestións aos pequenos sobre o desenvolvemento de todo o proceso. Finalmente, tivo lugar unha actividade común de modelado da Serea en plastilina e todos/as puidemos ver o resultado exposto na Biblioteca do Instituto.
Antes de despedirnos, agasalláronnos con lambetadas e nós deixámoslles un dos nosos debuxos da Serea. O remate da saída foi unha merenda no centro de Cangas, xusto enfrente do Galeón.
Foi unha actividade moi entretida e aprendemos todos/as moito. Dende aquí queremos dar as grazas ao profesorado e ao alumnado do IES de Rodeira pola súa acollida e atención, e a nosa noraboa aos alumnos e alumnas de 5 anos e ás súas profes por un traballo tan ben feito.
Aí van unhas imaxes:
lunes, 31 de enero de 2011
As 1000 grúas da Paz
En Educación para a Cidadanía continuamos traballando os Dereitos Humanos e, ligado á celebración do Día da Paz, tivemos a oportunidade de realizar outra actividade de convivencia cos alumnos e alumnas do IES de Rodeira, neste caso de 4º da ESO.

Primeiro contáronnos a historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que morreu de leucemia en 1955, un dos efectos secundarios da bomba atómica lanzada sobre Hiroshima dez anos antes. E despois, ensináronnos a facer grúas de papiroflexia que penduramos na clase como símbolo de paz e convivencia.
Para Felipe e Lía foi así:
O día 21 de xaneiro viñeron os de 4º da ESO de Rodeira a contarnos un conto e a ensinarnos a facer grúas de papel para celebrar o día da Paz, o 30 de xaneiro.
O conto chámase "Sadako e as mil grúas de papel". Sadako foi unha nena que tivo unha enfermidade moi grave despois de cair a bomba en Xapón. Cando estaba no hospital, unha amiga contoulle unha lenda que dicía que a quen fixera 1.000 grúas de papel concedíanlle un desexo. Ela comezou a facer grúas para salvarse, pero morreu cando levaba 600 máis ou menos. Os seus amigos fixeron as que faltaban e enterrárona con elas.
Despois de contarnos a historia, os do instituto repartíronse entre nosas mesas, déronnos papeliños pequenos de cores e fixemos as grúas. Gustounos moito esta actividade e temos moitas ganas de que volvan pronto con outra.
Foi unha actividade moi interesante e divertida. Ademais, deixáronnos o libro de Sadako, que estamos a ler na hora de ler dos mércores.

Moitas grazas a estes alumnos e alumnas de 4º da ESO e ás súas profes e... ata pronto!
lunes, 13 de diciembre de 2010
Da ESO a Primaria: convivindo con Usha

Usha é o título dun libro da autora galega María Reimóndez. Conta as vivencias dunha nena galega na India, a onde viaxa acompañando a súa nai, que traballa nunha ONG.
Esta foi a historia elixida para iniciar o Apadriñamento Lector. Dende o mes de novembro, na hora de ler dos mércores e dos venres, estiven léndolles este libro en voz alta aos alumnos/as de 6º, como parte do proceso de preparación da experiencia do Apadriñamento Lector, na que eles converteranse en padriños e madriñas lectoras dos nenos e nenas de 1º. No blog de Aprendizaxe en Grupos Cooperativos atoparedes máis información.
Pero ademais da lectura, tivemos a sorte de contar cuns "padriños" e "madriñas" de excepción. Once alumnos/as de 2º de ESO do Instituto de Rodeira (algúns deles ex-alumnos/as do cole) prepararon, de xeito voluntario, unha exposición sobre o traballo que fixeron a partires de USHA o pasado curso, e viñeron ao cole a compartila connosco. Explicáronnos toda a información que podemos atopar nun libro antes de abrilo, amosáronnos os coñecementos que adquiriron sobre a cultura e os costumes da India e o significado de palabras coma bindi, sari, árbore neem... que xa nos chamaran a atención durante a lectura, e trouxeron tamén fotos e imaxes da fantástica exposición que fixeron no Instituto. Foi moi interesante como podedes ver:

E como remate da súa visita, apadriñaron e amadriñaron simbólicamente aos alumnos e alumnas de 6º, xa que leron en voz alta tres capítulos máis do libro, primeiro en pequenos grupos e despois para toda a clase. Foi unha bonita experiencia:
Nico e Uxía o describen así:
O venres 26 de novembro viñeron uns nenos e nenas do instituto a falarnos dun libro, chamado Usha, que lles gustou moito e que tamén o estamos lendo nós para unha actividade de Apadriñamento Lector cos de 1º.
Aparte de ensinarnos o que significan algunhas palabras do libro, vimos fotos de como poñían o sari, que é unha roupa tradicional da India e léronnos unhs capítulos do libro, que tamén nos encantou.
Ao rematar regaláronnos uns marcapáxinas e unhas pegatinas para poñer nos libros.

Tanto eu, dende Auladiver, como o alumnado de 6º queremos agradecer a estes alumnos e alumnas de 2º da ESO, a súa colaboración, o seu esforzo e o seu interese por facer unha exposición clara e amena, e tamén ás súas profes Isabel e Pilar que os axudaron e acompañaron. E lembrámoslles que están invitados a volver para amosarnos o seu traballo cando queiran.
Moitas grazas!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)