Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de marzo de 2013

Día da Paz 2013

Coincidindo coa celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o pasado 30 de xaneiro realizamos unha dinámica que nos relatan Helga e Nerea:

"O día 30 de xaneiro, os nenos e nenas de 6º, fixemos unha actividade na clase para celebrar o Día da Paz. A profesora Rosana deunos unhas tiras de papel. Nelas estaban escritas unhas frases ditas por persoas pacifistas moi coñecidas. Rosana cortounas á metade e deunos a algúns o principio e a outros o final das frases. Logo tivemos que buscar á persoa da clase que tiña a outra metade. Cando xa estabamos coas nosas parellas, escribimos as frases nun folio e intentamos averiguar o que significaban, xa que case todas estaban en sentido figurado. Tamén intentamos adiviñar quen as dixera. Unhas eran de Gandhi, outras da Nai Teresa de Calcuta, de Isaac Newton...
A nós gustounos moito porque aprendemos frases que dixeron persoas moi importantes. Estes intentaron que neste mundo cheo de guerras e desprezos, houbera un pouco de paz, aínda que tiveran que pasar por terribles sufrimentos, como folgas de fame, para conseguilo".

Aquí deixamos unhas imaxes:


lunes, 10 de diciembre de 2012

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe commemórase a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, asinada pola Asemblea Xeral da ONU o 10 de decembro de 1948. 
A Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos define a estes como "dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción algunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional o étnica, color, relixión, lingua, ou calquera outra condición. Estes dereitos son interrelacionados, interdependentes e indivisibles", e afirma que "os dereitos humanos universais están a menudo contemplados na lei e garantidos por ela, a través dos tratados, o dereito internacional consuetudinario, os principios xerais e outras fontes do dereito internacional".
Lamentablemente, o feito de que a cotío comprobemos nas noticias con que impunidade se incumplen en diversos lugares do mundo estes dereitos, fai necesario que sigamos lembrando esta data e, sobre todo, transmitindo na escola os valores que representa.
Este vídeo ofrécenos un breve repaso da historia dos Dereitos Humanos.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Ola de novo!!!

Tras un doce paréntese para a maternidade, retomamos o blog de Auladiver


XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

sábado, 20 de noviembre de 2010

Día Universal da Infancia

Hoxe celebramos o Día Universal dos Nenos e das Nenas. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou en 1954 que todos os países instituíran unha data que se destinaría a actividades propias para promover o benestar, a fraternidade e a comprensión entre todos os nenos e nenas do mundo. A elección do 20 de Novembro coincide coa data na que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959, e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.





Os debuxos animados en pro dos dereitos dos nenos
foi unha iniciativa de UNICEF para informar e concienciar sobre estes dereitos.



jueves, 11 de noviembre de 2010

Chegou o Magosto!!!

En Auladiver preparamos unha gran castaña cos brazos abertos para darvos unha aperta a todos/as os/as que compartades con nós este Magosto.

Hoxe está todo mollado e non podemos asar as castañas, ¡que mágoa! A ver se o luns o podemos celebrar!



lunes, 4 de octubre de 2010

jueves, 2 de abril de 2009

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


Hoxe, 2 de abril, estase a celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Esta data estableceuse nunha resolución da Asemblea Xeral da ONU o 27 de novembro de 2007, para chamar a atención sobre o aumento da incidencia da enfermidade en todo o mundo nas últimas décadas.
O Autismo (ou Trastorno do Espectro Autista) está clasificado tanto no DSM-IV como no CIE-10, como un trastorno xeralizado do desenvolvemento (TXD), que se caracteriza por alteracións cualitativas nas habilidades para a interacción social e a comunicación, así como pola presenza de comportamentos, actividades e intereses restrinxidos e estereotipados.


Dende Auladiver PT, queremos colaborar nesa concienciación con esta pequena recopilación de enlaces que esperamos sexan de interese. Premede nos nomes para acceder.

Para saber máis:
- Confederación de Autismo España
- Psicología de la Educación para padres y profesionales

Experiencias e recursos educativos:
- Proxecto Autismo La Garriga
- Recursos socio-educativos

Blogs:
- Mi ángel sin voz
- Hasta la luna de ida y vuel...ta
- El sonido de la hierba al crecer

Libros:
- Bibliografía aspectos teóricos e médicos
- Quiero dejar de ser un dentrodemí. Birger Sellin
- Nacido en un día azul. Daniel Tammet
- El curioso incidente del perro a medianoche. Mark Haddon

E para rematar recomendamos o vídeo "Mi hermanito de la luna", de Frédéric Philibert, na páxina da Fundación Orange (preme na imaxe para acceder). Esta curtametraxe gañou o Gran Premio e o Premio do Público do Festival Handica-Apicil 2007.