Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

miércoles, 27 de marzo de 2013

A gimcana das palabras

Unha vez formados os grupos coa Cor do Silencio, continuamos traballando os Dereitos Humanos cunha actividade que xa fixeramos fai dous cursos. Está adaptada da Gran Proba das Cores dos Materiais para a Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional. O seu obxectivo é que tomen conciencia da diferenza de oportunidades que existe entre as persoas.
Cada grupo debe realizar tres probas pero, "misteriosamente",  non todos se enfrentan ao xogo en igualdade de condicións. Para uns será extremadamente sinxelo, para outros moi dificultoso e para os terceiros totalmente imposible. Todos experimentan as tres situacións, así que o resultado é o empate.
Na posta en común chegan a conclusión de que non todos temos as mesmas oportunidades de partida e que por iso hai que seguir loitando polos Dereitos Humanos.

Así o viviron Agustín e Juan:

"El pasado 12 de diciembre, los de 6º hicimos una actividad muy divertida en la que participó toda la clase, dividida en grupos de ocho personas. En cada grupo tuvimos que elegir un portavoz y a una persona distinta para escribir las respuestas (secretario/a).
El portavoz tenía que recoger unos mini pergaminos donde estaban escritas unas pruebas.
En la primera, teníamos que buscar varias palabras en el diccionario, pero había alguna por el medio inventada.
La segunda consistía en adivinar una frase, que era: Buzón de Convivencia.
Y en la tercera había que representar una escena con gestos y sin palabras.
A cada grupo, una de las pruebas le resultaba imposible, otra era complicada y la otra facilísima."

Incluímos  a continuación os vídeos da terceira proba:


 Miles de grans de area desintégranse na praia de Rodeira



A retransmisión da proba dos 200 m lisos nos Xogos Olímpicos de Londres



Unha persoa atópase mal no cine e a xente que está alí acude a axudala

martes, 22 de enero de 2013

Apadriñamento Lector

Un curso máis poñemos en marcha esta actividade de aprendizaxe cooperativa, na que un alumno ou alumna dos cursos superiores fai de padriño ou madriña de lectura de un alumno ou alumna dos cursos inferiores. 
O obxectivo é, por unha parte, mellorar a competencia lectora tanto dos alumnos titores como dos titorandos e, por outra parte, favorecer a interacción social entre alumnado de distintos cursos.
Esta vez, tendo en conta as suxestións dos/as alumnos/as de 1º e 6º que participaron o ano pasado, pensamos que era boa idea amplialo a todos os cursos de Primaria. Así, os de 4º serán padriños e madriñas dos nenos e nenas de 1º, os de 5º estarán cos de 2º, e os de 6º cos de 3º.
Nestes días fixemos xa as presentacións das parellas tal e como ilustran as seguintes imaxes.

 1º e 4º


 2º e 5º


 3º e 6º

Esta semana comezarán xa a ler. Para eso utilizaremos unha sesión semanal da hora de ler: os martes 3º e 6º, os xoves 2º e 5º, e os venres 1º e 4º.
Seguiremos informando...

martes, 18 de diciembre de 2012

A cor do silencio

Aproveitando a celebración do Día dos Dereitos do Neno, o 20 de novembro, e o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, iniciamos unha serie de actividades relacionadas con estes Dereitos, que interconectan os tres bloques de contidos.
A cor do silencio, adaptada dos Materiais para a Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, é a primeira destas actividades. O seu obxectivo é formar os grupos de traballo.


 Así o relatan Abel e Carol:

O día 28 de novembro, na clase de Cidadanía, fixemos unha actividade que consistía en facer un círculo en silencio e cos ollos pechados, mentres a profesora Rosana íanos pegando na espalda gomets de distintas cores e formas.
Logo tivemos que xuntarnos coa xente que tiña a mesma forma e cor que nós, pero para iso tiñamos que, sen falar, preguntar con xestos aos compañeiros como era a nosa pegatina, e eles tiñan que sinalar a cor que era.
A actividade realizouse correctamente pero, finalmente, Abel quedou so e tivemos que acollelo nun grupo.
Foi unha actividade divertida e o que Rosana quería transmitirnos era que podía acollerse a alguén que é diferente a nós. 

 


O autoconcepto

Continuamos traballando a identidade e o autocoñecemento, esta vez centrándonos no autoconcepto. Para iso adaptamos unha actividade do programa de Patricio José Ruiz Lázaro "Promoviendo la adaptación saludable de nuestros adolescentes" (Premendo no título atoparás o documento en PDF).



Arón e Jose contan:

O mércores día 7 de novembro, na clase de Cidadanía, estivemos facendo unha ficha que se trataba de coñecernos a nós mesmos. Nela aparecían algunhas cousas como por exemplo: como me atopo na familia, na escola ou como me relaciono cos meus compañeiros... Na nosa opinión esta actividade foi importante porque nos fixo reflexionar e coñecernos mellor.

viernes, 14 de diciembre de 2012

Os xirasois

Este é o traballo que fixemos na Aula de Apoio para o calendario do colexio. Como nos tocou o mes de xullo eliximos os xirasois, xa que florecen nese mes. Para inspirarnos, utilizamos un pequeno xirasol que nos trouxo a profe Chus e tamén o cadro "Os Xirasois" de Vincent van Gogh. 
Aquí vos deixamos unhas imaxes de todo o proceso.

Autorretrato

Iniciamos con esta, unha serie de actividades destinadas a traballar a Identidade Persoal, que forma parte do primeiro Bloque de Contidos, "O individuo e as relacións interpersoais e sociais".
Para comezar, dedicamos unha sesión a acadar unha definición conxunta e consensuada para distintas calidades persoais, de xeito que todos entenderamos o mesmo ao falar dunha persoa tolerante, alegre, positiva, preguiceira, xenerosa, rebelde, simpática, sincera, vergoñenta e confiada. 
Logo pasamos a completar un gráfico de barras no que tiñamos que valorarnos a nós mesmos en todas esas calidades persoais (tomado  do material de Educación en Valores de Kitscaixa).



A continuación fixemos dous autorretratos, un por escrito no que tiñamos que describirnos apoiándonos nas calidades da actividade anterior, e outro que consistiu nun debuxo de nós mesmos. Máis que a calidade artística importaba o feito de reflectir os aspectos físicos máis salientables de cada quen.



Na última sesión houbo, coma sempre, unha posta en común na que se leron os autorretratos e se amosaron os debuxos para que o grupo identificase a quen facían referencia 

Así o contan Salwa e Ruth:

O mércores 24 de outubro, na clase de Cidadanía, os de 6º fixemos un autorretrato para coñecernos mellor. Tratábase de facer un gráfico de barras valorando se eramos tolerantes, agradables, rebeldes, sinceros... Despois fixemos outra actividade describindo a nosa forma de ser e finalmente debuxámonos a nós mesmos. Na seguinte clase, a profesora Rosana leu algúns traballos e nós tiñamos que acertar de quen eran. A experiencia foi moi divertida e interesante porque axudounos a coñecernos mellor a nós mesmos e a todos os que nos rodean.