Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

martes, 28 de enero de 2014

Apadriñamento lector

Iniciamos un ano máis o Apadriñamento Lector, unha actividade cooperativa na que o alumnado dos cursos superiores exercen como padriños e madriñas lectores dos/as alumnos/as máis pequenos, coa intención de mellorar a competencia lectora e de favorecer a interrelación entre os distintos cursos.

Como o curso anterior, participa todo o alumnado de primaria: Os de 1º cos de 4º, os de 2º cos de 5º, e os de 3º cos de 6º. A pasada semana fixemos a presentación das parellas. Ahí van unhas fotos para que vexades como foi

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada