Aproveitando a celebración do Día dos Dereitos do Neno, o 20 de novembro, e o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, iniciamos unha serie de actividades relacionadas con estes Dereitos, que interconectan os tres bloques de contidos.
A cor do silencio, adaptada dos Materiais para a Educación en Dereitos Humanos de Amnistía Internacional, é a primeira destas actividades. O seu obxectivo é formar os grupos de traballo.
Así o relatan Abel e Carol:
O día 28 de novembro, na clase de Cidadanía, fixemos unha actividade que consistía en facer un círculo en silencio e cos ollos pechados, mentres a profesora Rosana íanos pegando na espalda gomets de distintas cores e formas.
Logo tivemos que xuntarnos coa xente que tiña a mesma forma e cor que nós, pero para iso tiñamos que, sen falar, preguntar con xestos aos compañeiros como era a nosa pegatina, e eles tiñan que sinalar a cor que era.
A actividade realizouse correctamente pero, finalmente, Abel quedou so e tivemos que acollelo nun grupo.
Foi unha actividade divertida e o que Rosana quería transmitirnos era que podía acollerse a alguén que é diferente a nós.
esta actividade encantoume , porque sen falar adiviñamos a todos escepto Abel que era de un grupoque so estaba el, apesar de que estivera no noso grupo
ResponderEliminar¡AMARELOO!