Benvid@s a Auladiver, o blog de Pedagoxía Terapéutica do CEIP A Rúa (Cangas), un espazo aberto e dinámico que aposta polo valor da diversidade.

viernes, 29 de marzo de 2013

Día da Paz 2013

Coincidindo coa celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o pasado 30 de xaneiro realizamos unha dinámica que nos relatan Helga e Nerea:

"O día 30 de xaneiro, os nenos e nenas de 6º, fixemos unha actividade na clase para celebrar o Día da Paz. A profesora Rosana deunos unhas tiras de papel. Nelas estaban escritas unhas frases ditas por persoas pacifistas moi coñecidas. Rosana cortounas á metade e deunos a algúns o principio e a outros o final das frases. Logo tivemos que buscar á persoa da clase que tiña a outra metade. Cando xa estabamos coas nosas parellas, escribimos as frases nun folio e intentamos averiguar o que significaban, xa que case todas estaban en sentido figurado. Tamén intentamos adiviñar quen as dixera. Unhas eran de Gandhi, outras da Nai Teresa de Calcuta, de Isaac Newton...
A nós gustounos moito porque aprendemos frases que dixeron persoas moi importantes. Estes intentaron que neste mundo cheo de guerras e desprezos, houbera un pouco de paz, aínda que tiveran que pasar por terribles sufrimentos, como folgas de fame, para conseguilo".

Aquí deixamos unhas imaxes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario