Comezamos o traballo sobre a igualdade de xénero a través da lectura e posterior reflexión dun texto do escritor uruguaio Eduardo Galeano.
Esta actividade atopámola na Unidade Didáctica "Eu tamén quero ser..." do Proxecto Conta con Elas da Área Metropolitana de Vigo.
Esta actividade atopámola na Unidade Didáctica "Eu tamén quero ser..." do Proxecto Conta con Elas da Área Metropolitana de Vigo.
Ántar e Pedro contan:
Esta actividade consistía en ler un texto titulado “Se el nacera muller”, que trata da historia da irmá de Benjamín Franklin. Despois tivemos que resolver unhas cuestións de reflexión sobre o texto en grupos de cinco persoas (nos que había un secretario, o que escribía, e un portavoz). A continuación o portavoz de cada grupo expuso o traballo diante de toda a clase. Por último, nosa profesora Rosana, fíxonos unhas preguntas sobre a participación dos membros do grupo no traballo.
Pareceunos moi interesante porque vimos as diferencias de oportunidades que pode haber entre un home e unha muller.
Un interesantísimo relato que da para unha reflexión profunda. Paréceme imprescindible fomentar dende a escola o analise e reflexión posterior de conductas cotiás, penso que algo podería cambiar.
ResponderEliminar