A primeira
actividade que levamos a cabo está relacionada co terceiro Bloque de
Contidos "Vivir en sociedade". Fixemos unha campaña electoral na que se
presentaron os candidatos/as que consideraban posuír as calidades
persoais que require un bo representante da clase. Os/as candidatos/as
fixeron os seus discursos tratando de expoñer as súas propostas ao resto
dos compañeiros/as.
Constituíuse
a mesa electoral, formada polo alumno máis novo como Secretario, o máis
vello como Interventor, e o titor como Presidente da mesa. A
continuación, coa lista da clase como censo electoral, procedemos á
votación e ao reconto de votos do que saíron designados representantes
de 6º curso Arán Langarica e Javier Rodríguez. Noraboa!
Os dous protagonistas relatan como viviron o proceso:
"O 10 de outubro foron as eleccións para votar aos representantes de 6º,
como cada curso eliximos dous. Cada persoa que quería ser canditato/a a
representante tiña que facer un discurso. Houbo unha mesa electoral na
que estaban Ántar, por ser o máis novo e Benjamín por ser o máis vello;
tamén estaba Antonio, o profesor. A nós encantounos saír elixidos
representantes e estamos moi contentos de ter esa responsabilidade".
sair de representante baleu a pena!
ResponderEliminar